Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de renovación de firmes en varias parroquias.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 78025/250.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: obras contidas nos proxectos, «Asfaltado de vías municipais. Vigo leste», «Asfaltado de vías municipais. Vigo sur», «Asfaltado de vías municipais. Vigo centro» e «Asfaltado de vías municipais. Vigo oeste». c) División por lotes e número de lotes: si, lote 1: «Asfaltado de vías municipais. Vigo leste», lote 2: «Asfaltado de vías municipais. Vigo sur», lote 3: «Asfaltado de vías municipais. Vigo centro» e lote 4: «Asfaltado de vías municipais. Vigo oeste». d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: lote 1: 4 meses, lote 2: 3 meses, lote 3: 1 mes, lote 4: 2 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: o prezo como único criterio, de acordo co indicado no punto 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 1.992.557,56 euros (IVE incluído).

– Lote 1: «Asfaltado de vías municipais. Vigo leste» (699.024,48 euros).

– Lote 2: «Asfaltado de vías municipais. Vigo sur» (593.566,63 euros).

– Lote 3: «Asfaltado de vías municipais. Vigo centro» (306.089,59 euros).

– Lote 4: «Asfaltado de vías municipais. Vigo oeste» (393.876,86 euros).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE. Complementaria: por un importe do 5 % do importe de adxudicación do contrato, no suposto de que a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si. Licitadores que se presenten unicamente ao lote 1: grupo G, subgrupo 4, categoría 3. Licitadores que se presenten unicamente ao lote 2: grupo G, subgrupo 4, categoría 3. Licitadores que se presenten aos lotes 1 e 2: grupo G, subgrupo 4, categoría 4. Licitadores que se presenten aos lotes 1 e 4: grupo G, subgrupo 4, categoría 4. Licitadores que se presenten a calquera outra combinación de dous lotes: grupo G, subgrupo 4, categoría 3. Licitadores que se presenten a máis de dous lotes: grupo G, subgrupo 4, categoría 4. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 14 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación