Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das obras da cuberta e accesos da ETEA.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Deportes. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax:
986 22 62 06, correo electrónico: contratacion@vigo.org, dirección da internet do perfil do contratante: www.vigo.org, data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 15188-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: a execución das obras do proxecto de accesos e cubrición da piscina da ETEA. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 8 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 385.983,56 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. Complementaria: a) Por un importe do 5 % do importe de adxudicación do contrato, no suposto de que a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fora xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración. b) Cando o prazo de garantía ofertado polo adxudicatario sexa superior a media dos ofertados polos licitadores admitidos, segundo se estipula no apartado 10.B das FEC.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

– Declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

– Posuír a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría 2.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

– Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicarase importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao seu valor estimado.

– Posuír a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría 2.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo
(www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 15 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación