Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de humanización da rúa Rosalía de Castro.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 4015-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: a execución das obras do proxecto de humanización da rúa Rosalía de Castro, entre Canceleiro e Serafín Avendaño. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 879.430 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE. Complementaria: a) Por un importe do 5 % do importe de adxudicación do contrato, no suposto de que a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración. b) Cando o prazo de garantía ofertado polo adxudicatario sexa superior á media dos ofertados polos licitadores admitidos, segundo se estipula no punto 10.B das FEC.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si, grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras vías sen cualificación específica), categoría 4. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. b) data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 15 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación