De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso libre
|
Apelidos e nome |
NIF |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
Arias Montenegro, Antonio |
79026514D |
Libre |
17, 20, 58 |
|
Fernández Lorenzo, María Asunción |
34983177Q |
Libre |
17, 20, 58 |
|
Seoane Bouzas, Miguel |
47376708C |
Libre |
17, 20, 58 |
|
Tomé García, Marta |
44825164G |
Libre |
16 |
|
Código |
Descrición |
|
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
|
17 |
Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado |
|
20 |
Taxas non aboadas |
|
58 |
Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado |


