De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de enxeñaría industrial.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso libre
|
Apelidos e nome |
NIF |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
Ballesteros Villar, Santiago |
36163550Y |
Libre |
43 |
|
Lago Jorge, José Manuel |
36075871A |
Libre |
16 |
|
López Castillo, Francisco Manuel |
34972017B |
Libre |
17, 58 |
|
Lores Vázquez, Beatriz |
36062366E |
Libre |
17, 20, 58 |
|
Rodríguez González, Alejandro |
36146122N |
Libre |
58 |
|
Rodríguez Paz, Ricardo Manuel |
32643703X |
Libre |
15 |
|
Rodríguez Rosado, Roberto Antonio |
34880995T |
Libre |
18 |
|
Código |
Descrición |
|
15 |
Documento xustificativo exención taxas non cotexado |
|
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
|
17 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado |
|
18 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido |
|
20 |
Taxas non aboadas |
|
43 |
Desistencia da solicitude |
|
58 |
Documento xustificativo de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado |


