Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 26.12.2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015 mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015),
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que quedará estruturado segundo consta no anexo.
Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016
Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo
Rama de coñecemento: artes e humanidades.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia:
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
27 |
Optativas |
24 |
Traballo fin de máster |
9 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster:
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
Prospección arqueolóxica |
OB |
3 |
Módulo xeral |
Escavación arqueolóxica |
OB |
6 |
|
Procesamento e xestión da evidencia arqueolóxica |
OB |
3 |
|
Identificación e estudo de materiais arqueolóxicos |
OB |
6 |
|
Paleoambiente e arqueoloxía |
OB |
3 |
|
Lexislación e xestión da actividade arqueolóxica |
OB |
3 |
|
Patrimonio arqueolóxico e sociedade |
OB |
3 |
|
Ocupación do territorio no noroeste peninsular |
OP |
3 |
Módulo Arqueoloxía |
Arqueoloxía pública |
OP |
3 |
|
Modelaxe de información arqueolóxica |
OP |
3 |
|
Teoría arqueolóxica |
OP |
3 |
|
Etnoarqueoloxía e arqueoloxía experimental |
OP |
3 |
|
Tecnoloxías xeoespaciais en arqueoloxía |
OP |
3 |
|
Cultura material pre e protohistóricas |
OP |
3 |
|
Cultura material romana e tardoantiga |
OP |
3 |
|
Prácticum |
OP |
6 |
|
A romanización en occidente |
OP |
3 |
Módulo Historia do mundo clásico |
Epigrafía clásica e historia da moeda |
OP |
3 |
|
Metodoloxía da historia das relixións prehistóricas e antigas |
OP |
3 |
|
Modelos antropolóxicos para o estudo das sociedades antigas |
OP |
3 |
|
Fontes literarias para a historia do mundo clásico |
OP |
3 |
|
Iconografía e mitoloxía clásicas |
OP |
3 |
|
Traballo fin de máster |
OB |
9 |
Traballo fin de máster |
Este máster estrutúrase en dúas especialidades:
– Arqueoloxía.
– Historia do mundo clásico.
O alumno pode obter a titulación cunha especialidade, cursando 18 ECTS vinculados á especialidade, ou ben obter o título sen especialidade, cursando materias de ambas as dúas especialidades, sen chegar a completar os 18 ECTS en ningunha delas.