Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44235

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016

Convenio

Achega consellería (€)

Data
de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

23.5.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Oroso ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

31.5.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Pontedeume ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

6.6.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2016.

7.500 €

14.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Brión ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

15.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Trabada ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

17.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Cariño ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

21.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Ordes ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

27.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Silleda ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

28.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello do Vicedo ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

28.6.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Xinzo de Limia ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

4.7.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Mondariz ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

4.7.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Rodeiro ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

6.7.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.325.000 €

15.7.2016

Protocolo de adhesión do Concello do Bolo ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

1.8.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Cerceda ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

23.8.2016