Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 12 de setembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01157-O-2016 e trece máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01157-O-2016 e outros trece máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 12 de setembro de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01157-O-2016

0866-DFX

Transportes Xa Veño, S.L.

B27385244

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

11.3.2016; 10.22; AG-1.1; 30,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01158-O-2016

0866-DFX

Transportes Xa Veño, S.L.

B27385244

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

11.3.2016; 10.30; AG-1.1; 30,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01365-O-2016

C-8612-BU

Rafael Caramelo Manzano

54127360B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.3.2016; 12.52; AP9F; 25,2

Art. 140.1 LOTT - Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT - Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01476-I-2016

M-4744-PT

Tania Dual Hernández

47439626X

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

25.5.2016; 8.51; AP-9F; 25,20

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01477-I-2016

5412-CVJ

Juan José Hernández Dual

32797169C

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

25.5.2016; 9.14; AP-9F; 25,20

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

XC-01722-O-2016

0581-FCC

Transasidan, S.L.U.

B27460732

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

8.4.2016; 9.56; AP9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01724-O-2016

6981-JGR

Souto Míguez, Óscar Javier

52936152L

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

8.4.2016; 17.43; N-634; 663,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01725-O-2016

6981-JGR

Souto Míguez, Óscar Javier

52936152L

Diminución do descanso semanal reducido en máis de 4 horas. Igual o superior a 16 horas e inferior a 18 horas.

8.4.2016; 17.40; N-634; 663,0

Art. 140.37.6 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.500 euros

XC-01893-O-2016

5480-GHY

Plataforma de Transportes J. Villaverde, S.L.

B70127683

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

3.5.2016; 9.28; N-634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02018-O-2016

4828-JFN

Transportes Especiales Doble A, S.L.

B86480316

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

12.5.2016; 12.46; AP9F; 25,2

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02032-O-2016

2173-FVM

Transportes Gonromy, S.L.

B27446715

Diminución do descanso semanal normal en máis de 3 horas. Igual ou superior a 36 horas e inferior a 42 horas.

9.5.2016; 8.42; N-634; 709,5

Art. 141.24.5 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02044-O-2016

7751-JFJ

Ganados Varela & Varela, S.L.

B15823495

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

9.5.2016; 18.54; N-634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02045-O-2016

7751-JFJ

Ganados Varela & Varela, S.L.

B15823495

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas) Máis de 90 horas ata 100 horas.

9.5.2016; 18.53; N-634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-04187-I-2015

3605BZX

María José Siso Barreiro

33240550F

A contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte de mercadorías sen ser previamente titular de autorización de transporte ou de operador de transporte.

9.11.2015; 11.09.11; N-550; 9,700

Art. 140.2 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros