A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00388-O-2016 e outros oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 12 de setembro de 2016
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
Persoa sancionada DNI/CIF |
Infracción cometida Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
XC-00388-O-2016 2608-FSY |
Trami Trucks World, S.L. B70307293 |
Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 29.12.2015; 11.50; AP9; 79,5 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-00894-O-2016 C-0543-CC |
Gran Taller, S.L. B15030018 |
Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 16.2.2016; 9.44; AP9F; 25,5 |
Art. 18.5 del R.D. 1032/2007 |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-01063-O-2016 2774-DZR |
Lodri 2015, S.L. B70448550 |
Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas. 2.3.2016; 13.51; N-550; 80,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01064-O-2016 2774-DZR |
Lodri 2015, S.L. B70448550 |
A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas. 2.3.2016; 13.49; N-550; 80,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01065-O-2016 2774-DZR |
Lodri 2015, S.L. B70448550 |
Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 2.3.2016; 13.48; N-550; 80,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01097-O-2016 1736-GXJ |
Leotrans 3000 B70294566 |
Non levar a bordo a documentación acreditativa da substitución dun vehículo por avaría. 29.2.2016; 10.02; N-634; 709,5 |
Art. 142.9 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-01113-O-2016 6496-HBH |
Trami Trucks World B70307293 |
Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 7.3.2016; 11.33; AP9; 79,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01114-O-2016 6496-HBH |
Trami Trucks World B70307293 |
Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 7.3.2016; 11.36; AP9; 79,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01115-O-2016 6496-HBH |
Trami Trucks World B70307293 |
Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 7.3.2016; 11.35; AP9; 79,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |