Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44722

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Servizos Culturais.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25.9.2015 (publicado no BOE do 21 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Servizos Culturais pola
Universidade de Santiago de Compostela

Rama de coñecemento: Artes e humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

30

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual

3

OB

Materias obrigatorias

Desenvolvemento local e patrimonio cultural

6

OB

Políticas culturais e interculturalidade

6

OB

Lingua para a escritura académica e praxe dos discursos orais

6

OB

Linguas para a comunicación: portugués

3

OB

Linguas para a comunicación

Linguas para a comunicación: francés

3

OB

Linguas para a comunicación: inglés

3

OB

Patrimonio arqueolóxico e etnográfico

6

OP

Especialidade en xestión dos bens culturais

Patrimonio documental e paisaxe histórica: investigación, xestión e posta en valor

6

OP

Cultura escrita e oralidade: investigación, recuperación, xestión

6

OP

Metodoloxía e recursos para a investigación humanística

6

OP

Xestión da diversidade lingüística e comunicación intercultural no mundo actual

6

OP

Especialidade en xestión do patrimonio lingüístico e literario

O texto galego: da escrita á difusión

3

OP

Literatura e patrimonio: poder, memoria e lugar

6

OP

Cultura e artes na era global

3

OP

Metodoloxía e recursos para a investigación filolóxica

6

OP

Cooperación cultural internacional e procesos migratorios contemporáneos

6

OP

Materias optativas

Deseño turístico de eventos e rutas culturais

3

OP

Espectáculos e xestión: música, teatro e cine

3

OP

Políticas de xénero e xestión cultural

3

OP

Márketing nas empresas culturais

3

OP

Comunicación e publicidade para a xestión cultural

3

OP

Prácticas externas

6

OP

Traballo fin de máster: orientación profesional

Traballo fin de máster

6

OB

Materia complementaria do traballo fin de máster

6

OP

Traballo fin de máster: orientación investigadora

Traballo fin de máster

6

OB

O máster ten dúas orientacións: a profesional e a investigadora. O alumno debe optar por unha delas.

• Para obter o título pola orientación profesional, o estudante deberá cursar os 24 ECTS das materias obrigatorias, 24 ECTS de materias optativas ordinarias e 6 de prácticas externas, e o traballo fin de máster.

• Para obter o título pola orientación investigadora, o estudante deberá cursar os 24 ECTS das materias obrigatorias, 24 ECTS de materias optativas ordinarias e 6 da materia complementaria do traballo fin de máster, e o traballo fin de máster.

Así mesmo, o máster recolle dúas especialidades:

• Especialidade en xestión dos bens culturais.

• Especialidade en xestión do patrimonio lingüístico e literario.

O alumno poderá optar por:

a) Obter unha especialidade: cursando 12 ECTS do módulo desa especialidade e os outros 12 ECTS do módulo de optativas xerais.

b) Obter as dúas especialidades: cursando 12 ECTS de cada módulo de especialidade.

c) Cursar o máster sen especialidade, cursando os 24 ECTS de calquera dos tres módulos optativos.