Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44720

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data para a Universidade de Murcia e esta universidade.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25.9.2015 (publicado no BOE do 21 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data pola Universidade de Murcia e a Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Murcia

Rama de coñecemento: enxeñaría e arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Murcia e Universidade de Santiago de Compostela.

RUCT: 4315427.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

42

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Bases de datos a grande escala

4,5

OB

Materias obrigatorias

Tecnoloxías de xestión de información non estruturada

4,5

OB

Tecnoloxías de computación para datos masivos

4,5

OB

Internet das cousas no contexto de Big Data

4,5

OB

Aprendizaxe estatística

6

OB

Minería de datos

4,5

OB

Visualización de datos

3

OB

Intelixencia de negocio

6

OB

Aplicacións e casos de uso empresarial

4,5

OB

Traballo fin de máster

18

OB

Traballo fin de máster