O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (Seaga).
A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, CP 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2016
Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)