O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de xullo de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Pontecesures, por Acordo do Pleno municipal do 30 de maio de 2016, das facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5 % pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta.
A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
Faise público este acordo para xeral coñecemento.
Pontevedra, 2 de agosto de 2016
M ª del Carmen Silva Rego Presidenta da Deputación Provincial |
Carlos Cuadrado Romay Secretario da Deputación Provincial |