1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número do expediente: 2016-SESE 03-PL.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23476
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: selección do persoal encargado da prestación dos servizos consistentes no enderezo de execución das obras de construción dun novo edificio xudicial na cidade de Pontevedra.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.
d) CPV: 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios e dous máis.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 6 de outubro de 2015, BOE do 15 de outubro de 2015 e DOUE do 7 de outubro de 2015.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 210.844,25 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 191.676,59 €.
Importe total: 231.928,68 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23 de agosto de 2016.
b) Data da formalización do contrato: 14 de setembro de 2016.
c) Contratista: José Luis Pardo Pérez.
d) Importe de adxudicación:
Importe neto: 150.000,00 €.
Importe total: 181.500,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza