De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de examinar a solicitud de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, para que poidan consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 6 de setembro de 2016
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE/Pasaporte |
AC-2014/00387 |
Destiny Nosakhare |
X8202391Q |
AC-2013/00311 |
Stacy Michelle Weltzin |
405048128 |