De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a resolución do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Silvia María Núñez Abal, con DNI 34892284L, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido e non ser posible a súa práctica.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o interesado se entenderá notificado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016
Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza