Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45352

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato de arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Santa Ana do Pino.

Faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de arrendamento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2343.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2.Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Santa Ana do Pino.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 22 de marzo de 2016; 19 de marzo de 2016 e 4 de abril de 2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 5.593,30 euros. IVE: 1.174,60 euros. Importe total: 6.767,90 euros/anuais.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de agosto de 2016.

b) Data de formalización: 29 de agosto de 2016.

c) Adxudicataria: Encarnación Sierra González.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 5.537,19 euros. IVE: 1.162,81 euros. Importe total: 6.700,00 euros/anuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.

Ourense, 29 de agosto de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde