Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de cafetaría-comedor en diversos centros (2 lotes) (expediente 2AE/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo. Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente. Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia. Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio. Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal. 36310 Vigo.

4º. Teléfono. 986 81 37 67.

5º. Telefax. 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2AE/16.

2. Obxecto do Contrato:

a) Tipo. Administrativo especial.

b) Descrición: servizo de cafetaría-comedor en diversos centros da Universidade de Vigo

c) División por lotes e número de lotes: dous (2).

I. Lote 1: Edificio Xurídico-Empresarial no Campus de Ourense.

II. Lote 2: Escola de Enxeñería Técnica Forestal no Campus de Pontevedra.

d) Lugar de execución: todos os centros, edificios, instalacións e espazos pertecentes á Universidade de Vigo que aparecen mencionados no ordinal primeiro do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: dous (2) anos a partir do inicio do servizo. Non obstante, o contrato poderá ser obxecto de prórroga por períodos anuais mediante acordo expreso das partes adoptado antes do remate da súa duración inicial ou da de cada unha das súas prórrogas, ata un máximo de catro anos incluído o período inicial. Previamente ao remate do período inicial de vixencia ou do de cada unha das súas prórrogas, por razón de interese público, e cando así o acorde o órgano de contratación mediante resolución motivada, o adxudicatario verase obrigado a manter a prestación do servizo ata que se formalice un novo contrato pola duración máxima de catro meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Codificación CPV: 55330000-2 e 55320000-9. Codificación CPA: 56.10.19.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 15 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: non procede.

5. Orzamento base de licitación: non procede.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 6.000 € en cada lote.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican nos números 10 e 11 da folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: en papel, tres sobres A, B y C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia. Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo. Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, baixo. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36210.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: en sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Dirección: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

Vigo, 22 de setembro de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo