De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 131, do 12 de xullo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 22 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo).
A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es
A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Composición do tribunal cualificador.
1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:
– Tribunal titular:
Presidenta: Mónica María Castro Pérez.
Secretario: Roberto Pérez Fonte.
Vogais:
Jesús Lata Buceta.
Constantino Grandío Rivas.
Mercedes Gayoso Gómez.
– Tribunal suplente:
Presidente: Ramón Quiroga Limia.
Secretario: Ramón Freire Priegue.
Vogais:
José Ramón Viñas Diz.
María Elena Porto Gómez.
María Carmen González Otero.
2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Desenvolvemento das probas:
Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 7 de outubro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.
Proba de coñecementos:
Ás 9.30 horas
Proba psicolóxica:
Ás 11.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.
A Estrada, 20 de setembro de 2016
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Nome |
Código |
Alfonso Veliz, Laura |
2 |
Cabrera González, Pedro |
2 e 3 |
Cordero Lodeiro, David |
2 |
Dias de Toledo, Robson Jorge |
2 e 3 |
Galano, Angelo |
1, 2 e 3 |
González Méndez, Santiago |
1, 2 e 3 |
Khalid, Hamza |
5 |
Lires Lema, Héctor |
2 |
Moldes Lobato, Javier |
2 |
Montero Troncoso, Yaiza Mari |
2 |
Santiago Pérez, Esteban |
2 |
Código |
Descrición |
1 |
Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente |
2 |
Non achega certificado de penais |
3 |
Non achega fotografías tamaño carné |
4 |
Non presenta instancia |
5 |
Documentación incorrecta |