De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 131, do 12 de xullo), esta dirección xeral
DISPÓN:
Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 22 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo).
A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es
A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Composición do tribunal cualificador.
1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:
– Tribunal titular:
Presidenta: Mónica María Castro Pérez.
Secretario: Roberto Pérez Fonte.
Vogais:
Jesús Lata Buceta.
María Elena Porto Gómez.
María del Carmen González Otero.
– Tribunal suplente:
Presidente: Ramón Quiroga Limia.
Secretario: Ramón Freire Priegue.
Vogais:
José Ramón Viñas Diz.
Mercedes Gayoso Gómez.
Constantino Grandío Rivas.
2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Desenvolvemento das probas:
Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o vindeiro día 7 de outubro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.
Proba psicolóxica:
Ás 13.00 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.
A Estrada, 20 de setembro de 2016
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Nome |
Clave |
Arnoso Fernández, Natalio |
2 |
Braveman Abakah, Jesse |
2 e 4 |
Casariego Orbich, Jonatan |
2 e 4 |
Comesaña Rial, Carmen |
2 |
Correa Pando, Fernando |
2 |
Davila Martínez, Roberto |
5 |
Gómez Sande, Braulio José |
2 |
Jorge González, Juan |
5 |
Navazas Duro, Xoaquín |
2 |
Opare, Gabriel |
5 |
Pérez Filgueira, Eduardo |
5 |
Rodríguez Amaral, Manuel |
5 |
Soliño Gándara, Pablo |
2 |
Segade Castro, Roberto José |
2 |
Código |
Descrición |
1 |
Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente |
2 |
Non achega certificado de penais |
3 |
Non achega fotografías tamaño carné |
4 |
Instancia errónea |
5 |
Documentación incorrecta |