Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45506

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (412/2014).

Xuízo verbal (XVB) 412/2014

Sobre: outras materias

Demandante: Gerardo Servando Painceira López

Procuradora: María Yolanda Borras Vigo

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Gerardo Servando Painceira López fronte aos herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro López Salgueiro, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Ortigueira, oito de xullo de dous mil dezaseis

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 412/2014, nos cales interviñeron como demandante Gerardo Servando Painceira López, asistido do letrado Salvador Fernández Franco e representado pola procuradora Yolanda Borrás Vigo, e como demandados os herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro López Salgueiro, declarados en rebeldía procesual, tendo por obxecto...

Decisión:

Estimo totalmente a demanda e debo declarar e declaro que Gerardo Servando Painceira López é propietario da terceira parte indivisa do terreo descrito no feito primeiro da demanda, con referencia catastral 15062 A 50100651000RK, e que coincide exactamente co terreo catastral número 14330 do Concello de Ortigueira por adquirila por compra a Pedro López Salgueiro en documento privado de data 23 de setembro de 1968. Con imposición de custas aos demandados... E encontrándose o dito demandado, herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro López Salgueiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ortigueira, 12 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza