María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1068/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José González Castro, Alejandro Edreira Oseira e Abel Miguel Mesías contra Inter House Stone, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron José González Castro, Alejandro Edreira Oseira e Abel Míguez Mesías, contra a entidade Inter House Stone, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Inter House Stone, S.L. a que aboe a cada un dos demandantes a cantidade de 6.154,94 € brutos, por salarios devindicados entre outubro e decembro de 2014, con inclusión da parte proporcional das pagas extras, e compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Asinado Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña.
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Inter House Stone, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 13 de setembro de 2016
A letrada da Administración de xustiza