Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (724/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento 724/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pedreira Candal, José Manuel Suárez Queijas contra Desguaces y Desmantelamientos, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza:

A Coruña, 13 de setembro de 2016

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada-xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 724/2014 seguidos perante este xulgado por instancia de Manuel Pedreira Candal e de José Manuel Suárez Queijas, asistidos da letrada Azucena González Castro, contra Desguaces y Desmantelamientos, S.L. e Fogasa, non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Pedreira Candal e José Manuel Suárez Queijas e condeno a empresa Desguaces y Desmantelamientos, S.L. a que lles aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

– A José Manuel Suárez: 10.188,64 euros.

– A Manuel Pedreira: 10.188,64 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Desguaces y Desmantelamientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza