Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1201/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1201/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván García Martínez contra a empresa Aluminios Alvedro, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxos antecedentes de feito e resolución se xuntan:

«Sentenza

A Coruña, 18 de maio de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social nº 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1201/2015, en que foron partes, dun lado como demandante Iván García Martínez, con DNI nº 47381720H, asistido polo letrado José Ángel Losada Vasallo e, como demandado, Aluminios Alvedro, S.L. e Fogasa, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Iván García Martínez contra a empresa Aluminios Alvedro, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que aboe unha indemnización de 24.060,98 €.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aluminios Alvedro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza