Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (60/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 60/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Doce Durán contra a empresa Varlion España, S.A., na actualidade Gel Roberts, S.A., e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

Na Coruña o 14 de setembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 60/2014 en que son parte, dunha banda como demandante Juan Doce Durán asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal e como demandada Varlion España, S.A. na actualidade Gel Roberts, S.A. e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Doce Durán debo condenar e condeno a empresa Varlion España, S.A., hoxe Gel Roberts, S.A a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.119,37 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Varlion España, S.A, na actualidade Gel Roberts, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza