Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (484/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 484/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Pardo Lata contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Actividades Puntuales, S.L., sobre seguridade social, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por María José Pardo Lata contra o Servizo Público de Emprego Estatal e, en consecuencia, debo declarar e declaro como base reguladora diaria para os efectos de prestacións por desemprego a de 42,54 €, e debo condenar e condeno o Servizo Público de Emprego Estatal a avirse á devandita declaración, aboando as correspondentes diferenzas na prestación por desemprego recoñecida, e con absolución da entidade Actividades Puntuales, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Actividades Puntuales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza