Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46518

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Advertidos erros no decreto citado, publicado no Diario Oficial de Galicia número 188, do 3 de outubro de 2016, realízanse as correccións oportunas.

Na páxina 45393, disposición derradeira primeira, onde di: «Un. O artigo 2 queda redactado como segue», debe dicir: «Un. Os números 1 e 2 do artigo 2 quedan redactados como segue».

Na páxina 45394, onde di: «Dous. O artigo 8 queda redactado como segue», debe dicir: «Dous. O número 1 do artigo 8 queda redactado como segue».