Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de subministracións (expediente ED-07/16SU e un máis).

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

Expediente: ED-07/16SU. Subministración de equipamentos de robótica con destino ás aulas taller de tecnoloxía dos centros educativos de ensino secundario que dependen desta consellería.

1. Adxudicataria: Prodel, S.A. Equipamento Didáctico.

1.1. Orzamento: 252.067,20 euros.

Data de adxudicación: 20.9.2016.

Data de formalización: 22.9.2016.

Expediente: ED-08/16SU. Subministración de kits de placas de comunicación e programación e de equipamentos de impresión 3D, con destino ás aulas taller de tecnoloxía dos centros educativos de ensino secundario e bacharelato que dependen desta consellería.

1. Adxudicataria lote 1 base: Prodel, S.A. Equipamento Didáctico.

1.1. Orzamento: 130.233,46 euros.

Data de adxudicación: 22.9.2016.

Data de formalización: 23.9.2016.

2. Adxudicataria lote 2: León 3D Impresión, S.L.

2.1. Orzamento: 121.919,60 euros.

Data de adxudicación: 22.9.2016.

Data de formalización: 4.10.2016.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria