Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a cancelación do recurso da sección C) Agustín número 5246.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á Sociedade Mercantil Sabaldo, S.L., con último enderezo coñecido en San Jorge Outelo, 18, 36470 Salceda de Caselas (Pontevedra), como titular, a cancelación de recurso da sección C) Agustín nº 5246, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 83 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuaren alegacións no prazo indicado, procederase á cancelación do expediente.

Ourense, 11 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense