Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47531

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía. Emprego e Industria nos meses de maio a agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía,
Emprego e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Santa María la Real para a implantación do proxecto Lanzadeiras de emprego e emprendemento solidario.

11.5.2016

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster da auga mineral e termal de Galicia para levar a cabo o proxecto de creación da marca de identidade sectorial para a auga mineral e termal de Galicia e o desenvolvemento do proxecto Terras da Auga.

18.5.2016

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Conselleria de Economía, Emprego e Industria e o Clúster da lousa de Galicia para a elaboración dunha publicación divulgativa sobre a lousa e difusión no mercado nacional.

18.5.2016

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre Cáritas Diocesanas de Galicia e a Consellería de Economía, Emprego e Industria para establecer medidas preventivas e de apoio ás persoas que se atopan en situación de pobreza enerxética en Galicia.

27.5.2016

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de proxectos que fomenten a competitividade técnica e ambiental no sector do granito.

20.6.2016

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a execución do proxecto técnico de modelización da restauración de canteiras.

20.6.2016

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade da Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP).

21.6.2016

18.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora de instalacións do mercado de abastos 2ª fase.

21.6.2016

Non ten achega económica

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria (CIXUG) para a realización do curso de posgrao e do curso ponte de especialización en orientación laboral.

27.6.2016

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Asociación Clúster do Granito de Galicia como beneficiario principal e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia como beneficiario asociado para a creación do proxecto técnico da marca do sector do granito en Galicia.

14.7.2016

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

14.7.2016

480.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo.

5.8.2016

80.832,92 €