Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo de mantemento da Rede de control da calidade do aire de Galicia, de titularidade da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 34/2015 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23920

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento da Rede de control da calidade do aire de Galicia, de titularidade da Xunta de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90731100.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.372.339,20 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 857.712,00 euros. Importe total: 1.037.831,52 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de xullo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 6 de setembro de 2016.

c) Adxudicataria: Envira Sostenible, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 711.900,96 euros. Importe total con IVE: 861.400,16 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio