Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de acondicionamento do aparcadoiro e accesos ao cemiterio de Petelos, en Mos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 15/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27102

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: acondicionamento do aparcadoiro e accesos ao cemiterio de Petelos, en Mos.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 279.474,59 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 279.474,59 euros. Importe total: 338.164,25 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 4 de outubro de 2016.

c) Adxudicataria: Construcións, Obras e Viais, S.A. (COVSA).

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 219.136,02 euros. Importe total con IVE: 265.154,58 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio