Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/283-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Carpintería Metálica Alumán, S.L.

Domicilio social: polígono industrial Sabón, parcela 6 B, 15142 Arteixo.

Denominación: LMTS 15/20 kV, centro de seccionamento e ampliación de potencia de centro de transformación de 800 kVA.

Situación: polígono industrial Sabón, parcela 6 B, 15142 Arteixo.

Características técnicas:

LMTS, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2) Al, lonxitude 14 m, tensión nominal: 15 kV.

Centro de seccionamento equipado con tres funcións de liña con interrutor (Schneider Electric gama RM6).

LMTS de interconexión entre o centro de seccionamento e o centro de transformación, RHV 12/20 kV, 3×(1×95) mm2, de 8 metros de lonxitude en condutor de aluminio.

Ampliación de potencia de 400 a 800 kVA do centro de transformación existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña