Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Domicilio social: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Denominación: proxecto de instalación eléctrica de media tensión para a rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.
Situación: rúa Concepción Arenal, 1, 15006 A Coruña.
Características técnicas:
– Centro de seccionamento sito no interior dun edificio destinado a outros usos compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).
– Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de liña, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 1.600 kVA, refrixeración natural (encapsulado en resina epoxy) e relación 15 kV/420 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 4 de outubro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña