De conformidade co Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 5, punto 2, faise público o estudo de impacto ambiental relativo ao proxecto de prórroga da concesión da explotación Castañeiro número 4275, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por Emeritasa, S.L.
O informe pódese consultar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).
Ourense, 5 de outubro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doníz
Xefe territorial de Ourense