Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 5 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade (expediente 2016/103-36).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, a persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o xulgado de primeira instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2016/103-36.

Interesado: Alberto Padial Andrino.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 30 de setembro de 2016.

Vigo, 5 de outubro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo