De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, as resolucións do procedemento para declarar a denegación da axuda relativa aos expedientes de subvención núm. 15150071/2016, 15150073/2016 e 15360013/2016 (Orde do 23 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais).
Os interesados poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédeselles aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da notificación da resolución, no que poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que estime pertinente.
O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a denegación da axuda no expediente de subvención núm. 15150071/2016.
Interesado: Francisco Vázquez Miras.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Comandante Fontanes, 11, 6º A, 15003 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a denegación da axuda no expediente de subvención núm. 15150073/2016.
Interesada: Trazogal, S.L.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa da Igrexa, Galerías Incarsa, local 9, 18, 15100 Carballo (A Coruña).
Expediente: procedemento para declarar a denegación da axuda no expediente de subvención núm. 15360013/2016.
Interesada: Ingeniería e Suministros del Noroeste, S.L.U.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: lgar. Camiño Texe, Torroso, 16, 36417 Mos (Pontevedra).