Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Goma I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. O día 3.1.2016 faleceu Gonzalo García Cabrera, que era cotitular da concesión administrativa e da batea Goma I, localizada na cuadrícula nº 41, polígono C, no distrito de Caramiñal, en réxime de gananciais con María Teresa Lustres Vázquez.
Segundo. Mediante escrito do 16 de xuño de 2016, María Teresa Lustres Vázquez, en representación da unidade familiar de Gonzalo García Cabrera, solicita autorización para a transmisión mortis causa do 50 % e, sucesivamente, mediante pacto de mellora co seu descendente do outro 50 % da concesión administrativa e da batea Goma I.
Terceiro. A interesada presentou a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.
b) Consideración legais e técnicas:
Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.
Segundo. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou pacto de mellora.
Terceiro. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa do 50 % e, sucesivamente, mediante pacto de mellora do outro 50 %, a favor de Gonzalo García Lustres (76969503A), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Goma I.
Localización:
Cuadrícula nº: 41.
Polígono: C.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 11.6.1974.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Antigos titulares: María Teresa Lustres Vázquez e Gonzalo García Cabrera (33111814W- 35386347L), 100 % gananciais.
Novo titular: Gonzalo García Lustres (76969503A), 100 % privativo.
O novo titular da concesión administrativa subrogase nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
A Coruña, 28 de setembro de 2016
A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña