Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 29 de setembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Coto I e Dapi.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Coto I e Dapi e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 29.9.2016 María Isabel Muñiz Coto e José Ramón Muñiz Piñeiro, titulares do 100 % en gananciais da batea Coto I, e José Ramón Muñiz Piñeiro titular do 100 % privativo da batea Dapi e das correspondentes concesións administrativas, solicitan autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora co seu descendente.

Segundo. Os solicitantes presentan a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto, continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceiro. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa a favor de Ángel Ramón Muñiz Muñiz (76778319H) das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Coto I.

Localización: polígono nº 156, cuadrícula: E, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 13.8.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: María Isabel Muñiz Coto e José Ramón Muñiz Piñeiro (33209281H, 32560801T) 100 % gananciais.

Novo titular: Ángel Ramón Muñiz Muñiz (76778319H) 100 % privativo.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Dapi.

Localización: polígono nº 157, cuadrícula: E, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: José Ramón Muñiz Piñeiro (32560801T) 100 % privativo.

Novo titular: Ángel Ramón Muñiz Muñiz (76778319H) 100 % privativo.

O novo titular das concesións administrativas queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 29 de setembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña