1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Número de expediente: OH.988.368.SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo de servizo.
b) Descrición: apoio na intervención, vixilancia e seguimento en materia de verteduras de augas residuais no ámbito da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 71313000-5.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S250, do 26 de decembro de 2015; Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 29 de decembro, e Boletín Oficial del Estado núm. 3, do 4 de xaneiro de 2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 1.626.834,72 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 813.417,36 euros. Importe total: 984.235,01 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 30 de agosto de 2016.
b) Data de formalización do contrato: 20 de setembro de 2016.
c) Contratista: UTE-Adantia, S.L. & Visible, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación:
Importe neto: 666.025,00 euros. Importe total: 805.890,25 euros.
e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
7. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia