Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (467/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 467/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Zas Oca contra a empresa Acciona Infraestructuras, S.A. e Excavaciones Migasa, S.L. sobre reclamación de cantidades, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel Zas Oca contra Excavaciones Migasa, S.L. e contra Acciona Infraestructuras, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Excavaciones Migasa, S.L. e a Acciona Infraestructuras, S.A., con carácter solidario, a lle aboar ao demandante a suma de 2.610,39 euros en concepto de salarios e diferenzas salariais, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo condenar e condeno a Excavaciones Migasa, S.L., de forma exclusiva, a lle aboar ao demandante a suma de 729 euros debidos en concepto de axudas de custo, máis o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3. Debo condenar e condeno a Excavaciones Migasa, S.L. ao pagamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

4. No que se refire á responsabilidade do Fogasa, débese observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza