Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47855

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de outubro de 2016 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

En virtude da Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 19 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro).

Co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de telecomunicación, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de telecomunicación, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 4 de novembro de 2016 ás 10.15 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos aspirantes presentes ou representados, entre os que quedaran sen adxudicar.

Quinto. Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación

1

PX2010000215770016

PX

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Secretaría Xeral de Medios

S. X. de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunic.

2

PXA110000015770010

PX

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunic.

3

PXA110000615770010

PX

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Área da Sociedade Dixital

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunic.

4

INC030000015770007

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

D. X. de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunic.