Vista a proposta do secretario xeral de Cultura e de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,
RESOLVO:
Primeiro. Integrar na Rede de bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal de Coristanco.
Segundo. A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.
Terceiro. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivamento definitivo da solicitude.
Cuarto. O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de bibliotecas de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria