Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de outubro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/75/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario descoñecido.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de setembro de 2016, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/75/2014-RP1 en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na instalación dunha caseta prefabricada de madeira de planta baixa, na execución dunha soleira de formigón sobre a que se instalou a dita caseta prefabricada (que forma unha terraza na zona de acceso á caseta), na execución dun soportal sobre a dita soleira (situado na zona dianteira da caseta prefabricada), na realización dunha grella de fábrica e na execución dunha construción auxiliar (en execución no momento da visita de inspección, realizada en fábrica de ladrillo e acaroada ao pechamento da parcela, con parte en malla e cunha cuberta precaria), que forman un conxunto cunhas características propias dun uso de lecer, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, asimilado ao uso residencial, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situadas no lugar da Barreira, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Ares Raposo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao desta publicación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística