Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de outubro de 2016 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de marzo de 2015, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/155/2011-B1, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de setembro de 2016, resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto por Juan Carlos Ferro Fernández contra a Resolución do 10 de marzo de 2015 pola que se impuxo unha segunda coercitiva por incumprir o ordenado nas resolucións do 28 de setembro de 2012 e do 17 de xullo de 2014.

Ao non poderse realizar a notificación desta resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística