Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de outubro de 2016 pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/210/2014-RP1, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de setembro de 2016, resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/210/2014-RP1 aberto por obras executadas en solo rústico, sen autorización autonómica, consistentes na rehabilitación dunha edificación tradicional, no lugar da Ermida, parroquia de San Martiño de Mondoñedo, no termo municipal de Foz, en atención á perda da competencia administrativa antigamente atribuída a esta axencia polo artigo 214 relacionado co artigo 40 da Lei 30/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e o novo réxime competencial previsto no vixente artigo 156 relacionado co artigo 40 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Juan Antonio Cantero Pérez, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística