Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2016 pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de dirección da execución de obra e da coordinación da seguridade e saúde, por procedemento aberto, da obra do proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándoo á delimitación oficial 2013-2014, documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (P.I. 6.3.2).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de agosto de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de dirección da execución de obra e da coordinación da seguridade e saúde, por procedemento aberto, da obra do proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándo á delimitación oficial 2013-2014, documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (P.I. 6.32).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 72.716,76 €.

IVE (21%): 15.270,52 €.

Importe total IVE incluído: 87.987,28 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.

c) Adxudicataria: Estudio Técnico Gallego, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 48.250 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia