Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra por lotes relativa ao proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á delimitación oficial, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (P.I. 6.3.2.) (clave 2016-00023).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 13 de xullo de 2016

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: recuperación e sinalización dos diversos treitos do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial. A contratación divídese nos lotes que se detallan a continuación:

Lote 1: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial, treito I; A Fonsagrada, límite da Comunidade Autónoma ata o límite co Concello de Baleira.

Lote 2: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial, treito II; límite do Concello de Baleira coa Fonsagrada ata San Miguel do Camiño en Castroverde.

Lote 3: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial, treito III; desde San Miguel do Camiño en Castroverde ata Melide.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 1.267.973,05 €, IVE excluído, distribuído por lotes:

Lote 1. Importe sen IVE: 394.938,39 €. Importe IVE (21 %): 82.937,06 €. Total: 477.875,45 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 425.487,81 €. Importe IVE (21 %): 89.352,44 €. Total: 514.840,25 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 447.546,85 €. Importe IVE (21 %): 93.984,84 €. Total: 541.531,69 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.

c) Adxudicatarios:

Lote 1: Extraco, Obras e Proxectos, S.A.

Lote 2: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.

Lote 3: Probisa Vías y Obras, S.L.U.

d) Importe de adxudicación (importe máximo de adxudicación):

Lote 1. Importe sen IVE: 274.442 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 295.756 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 306.800 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde 22.8.2016, DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia