Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra por lotes relativa ao proxecto de construción da recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándoos á delimitación oficial 2013-2014, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (P.I. 6.3.2) (clave 2016-00024).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 13 de xullo de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: recuperación e sinalización dos diversos treitos do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándoos á nova delimitación oficial 2013-2014. A contratación divídese nos lotes que se detallan a continuación:

Lote 1: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 1, de Ribadeo p.q. 182+355 a Lourenzá p.q. 150+494 e de Trabada p.q. 176+057 a Lourenzá p.q. 152+793, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.

Lote 2: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 2, de Mondoñedo p.q. 150+494 a Vilalba p.q. 100+694 e de Lourenzá p.q. 152+793 a Abadín p.q. 133+648, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.

Lote 3: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 3, de Guitiriz p.q. 100+694 a Friol p.q. 61+183, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.

Lote 4: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 4, de Sobrado p.q. 61+183 a Arzúa p.q. 38+432 e de Sobrado p.q. 64+620 ao Pino p.q. 12+835, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 1.267.973,05 €, IVE excluído, distribuído por lotes.

Lote 1. Importe sen IVE: 424.022,78 €. Importe IVE (21 %): 89.044,78 €. Total: 513.067,56 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 571.973,37 €. Importe IVE (21 %): 120.114,41 €. Total: 692.087,78 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 489.949,95 €. Importe IVE (21 %): 102.889,49 €. Total: 592.839,44 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 421.936,83 €. Importe IVE (21 %): 88.606,73 €. Total: 510.543,56 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 19 de setembro de 2016.

Lote 2: 19 de setembro de 2016.

Lote 3: 19 de setembro de 2016.

Lote 4: 20 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato dos 4 lotes: 23 de setembro de 2016.

c) Adxudicatarias:

Lote 1: Construcciones Isidro Otero, S.L.

Lote 2: Construcciones Isidro Otero, S.L.

Lote 3: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.

Lote 4: Probisa, Vías y Obras, S.L.

d) Importe de adxudicación (importe máximo de adxudicación).

Lote 1. Importe sen IVE: 296.391,92 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 394.089,65 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 340.711 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 289.000 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia