Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra do proxecto básico e de execución das piscinas na lagoa do Monte do Gozo, tramitada por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificada.

En cumprimiento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de mayo de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: construción dunha piscina exterior na lagoa do Monte do Gozo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 275.723,00 euros IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de septiembre de 2016.

c) Adxudicatario: UTE Excavaciones y Obras Candal, S.L. e Aquanor, Aguas del Noroeste, S.L.

d) Importe de adxudicación: 226.644,31 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia